Servizos Sociais

A Área de Servizos Sociais é a encargada do benestar da veciñanza, detectando necesidades e carencias sociais, traballando na prevención de problemáticas sociais e pulando pola inserción social. Así mesmo, tamén é labor desta área mellorar a cooperación e solidariedade e informar, orientar e asesorar á veciñanza sobre os seus dereitos nesta material.

O servizo dispón de atención ao público previa cita.

Correo electrónico: servizos.sociais@cabanas.gal

Axuda no Fogar

 O Servizo de Axuda no Fogar é un servizo que ofrece un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.

Punto de Atención á Infancia (PAI) As Viñas

O Punto de Atención Infantil As Viñas é un recurso de conciliación e atención para nenas e nenos de 0 a 3 anos.

Mencer na Escola

É un proxecto impulsado pola Área de Servizos Sociais en colaboración coa ANPA “O Castiñeiro” do CEIP Eladia Mariño. Posibilita a conciliación familiar, e se desenvolve todas as mañás lectivas do curso escolar desde as 7,30 ás 9,30h.

Tempo de Familias

É un programa dirixido ás persoas coidadoras de menores (nais, pais, avoas, avós...), e nel lévanse a cabo talleres de apoio ao xogo, educación, intelixencia emocional, afectividade e sexualidade, etc.

Club +60. Encontro de Maiores

É unha iniciativa que busca ofrecer unha alternativa de ocio ás persoas maiores, na procura dun envellecemento activo e combatendo a soidade. Nos talleres compártense experiencias e se recuperan costumes e tradicións.

Envellecemento Activo

O programa busca crear un espazo de encontro entre as persoas maiores da localidade, cunha serie de talleres que teñen como nexo común a recuperación da memoria histórica.

Trámites destacados

Solicitude de ingreso en centro de asistencia social

Este trámite permite realizar solicitudes para o ingreso en Centros de Asistencia Social para persoas maiores, así como a prestación do Servizo de Vivenda Tutelada para Persoas con discapacidade

Ir ó trámite

Solicitude de acceso ao Servizo de Teleasistencia ou Axuda a Domicilio

Este trámite permite realizar solicitudes do servizo de teleasistencia e do servizo de axuda a domicilio.

Ir ó trámite

Solicitude de cartón de aparcadoiro para persoas con discapacidade

Este trámite permite solicitar a realización de calquera tipo de xestión relacionada cos cartóns de aparcadoiro para persoas con discapacidade, tales como a solicitude, renovación, baixa ou emisión de duplicados.

Ir ó trámite

Solicitude de prestación de servizos sociais

Este trámite permite solicitar axudas económicas prestadas polos servizos desta entidade encargados de servizos ou benestar social.

Ir ó trámite