Medio Ambiente e Rural

O coidado do Medio Ambiente e Rural é unha política transversal a todas as áreas do Concello de Cabanas, como administración que aposta polas sustentabilidade, tanto na conservación de contornos públicos como nas medidas que pode adoptar o concello.

Cabanas Sostíbel

Cabanas Sostíbel é unha estratexia que engloba diversos plans de concienciación ambiental, así como roteiros interpretativos para descubrir a biota local, e actividades para a mellora do medio ambiente.

Plan de compostaxe doméstica

No seu afán de apostar  pola redución, reutilización e reciclaxe de lixo, o Concello de Cabanas puxo en marcha en outono de 2019 un plan de compostaxe doméstica, co que a veciñanza está a crear compost para as súas plantacións, ao tempo que reducen o volume de lixo do concello.

Plan contra a velutina

Os niños de velutina deben ser comunicados á Xunta a través dos teléfonos 012 ou 112, xa que é esta Administración a que xestiona o plan de control e erradicación. O Concello de Cabanas, a través de Protección Civil, dispón de equipamento para poder eliminar algún tipo de niño, polo que en casos urxentes pode contactarse directamente co concello.

Praga da couza guatemalteca

En xaneiro de 2020 declarouse o Concello de Cabanas “zona tampón” da praga da couza da pataca (tecia solanivora), o que significa que se pode plantar pataca sempre e cando se conte con semente certificada e se declaren as plantacións.