Igualdade e LGTBI

A Área de Igualdade e LGTBI encárgase de todo o que ten a ver coas políticas de igualdade, prevención da violencia machista e atención ás diversidades.

O servizo dispón de atención ao público previa cita

Correo electrónico: igualdade@cabanas.gal

Cabanas Diversa

Cabanas Diversa é unha estratexia que engloba actividades arredor da diversidade sexual. Implantouse coincidindo co Día do Orgullo de 2020, e desde aquela desenvolvéronse diversas actividades nesa liña.