Campaña de doazón de sangue este mércores en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +
O Concello de Cabanas informa de que o autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase a Cabanas este mércores, 15 de xaneiro, en horario de 10 a 14.30h pola mañá, e entre as 16 e as 21 horas pola tarde. Estará situado no aparcadoiro fronte á farmacia, nas inmediacións da Oficina de Turismo.
As persoas que desexen doar sangue deben ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 quilos; ademais, deben acudir co almorzo feito, se se vai pola mañá, ou deixando pasar dúas horas se se vai despois de comer. Tamén é preciso presentar o DNI, a tarxeta de doazón ou un documento identificativo semellante.
Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.800 urxencias, 575 intervencións cirúrxicas e 1 transplante de órganos, polo que a colaboración é fundamental para acadar as doazóns diarias precisas para axudar a milleiros de doentes.
Share.

Comments are closed.