Cabanas organiza este sábado un obradoiro de empoderamento feminino

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas organiza este sábado, 18 de xaneiro, entre as 11 e as 13h, un obradoiro gratuíto de empoderamento feminino dirixido a mulleres a partir de 14 anos, que se celebrará nas instalacións da Casa do Concello.

A actividade estará conducida pola traballadora social e formadora Paula Paz baixo o título “Locúrate e Empodérate”, e nela procurarase o empoderamento persoal e grupal, a través de diferentes dinámicas. Ademais, cada participante levará como agasallo o frasquiño “Empodérate”, un dos produtos do proxecto Locúrate deseñado pola propia Paula Paz, cuxo contido convida á reflexión e ao autocoñecemento durante 40 días, reforzando as aprendizaxes adquiridas no seu obradoiro.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente para participar na actividade, ben a través do teléfono 981 495 959 (ext. 6 ou 2) ou ben no correo igualdade@cabanas.gal.

Share.

Comments are closed.