Cabanas estrea ciclo de teatro cos “Sábados Teatrais”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas pon en marcha o ciclo “Sábados Teatrais en Cabanas”, un evento que durante tres fins de semana de outubro reunirá en Cabanas tres espectáculos teatrais de diversa temática.

A primeira representación do ciclo será este sábado, 5 de outubro ás 19.30h, onde A Tenencia Teatro presenta “Escenas escollidas”, unha obra na que un mestre de cerimonias conduce ao público por catro escenas de diferentes obras.

O ciclo continuará o sábado 19 de outubro ás 19.30h, cando o grupo Teatro ASCM representará “A marabilla do diverso”, unha obra que versa sobre a liña que divide a discapacidade da capacidade. Finalmente, o sábado 26 de outubro ás 19.30h, o grupo de teatro local Licor Café ofrecerá unha das súas últimas representacións en tono de comedia, “As feas tamén casan”.

“O obxectivo deste ciclo é achegar o teatro ao concello, con tres espectáculos que farán rir e emocionarse ao público”, sinalou a concelleira de cultura, Diana Rodríguez, quen lembrou que todas as representacións teñen entrada libre até completar o aforo do Salón de Plenos.

Share.

Comments are closed.