Cabanas completa a segunda fase do plan de compostaxe doméstica

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Medio Ambiente en colaboración con SOGAMA, vén de completar a segunda fase do Plan de Compostaxe Doméstica iniciado o pasado setembro co reparto de 30 novos composteiros entre a veciñanza, que se suman aos 30 que xa foran repartidos na primeira fase.

“O obxectivo principal deste plan de compostaxe é implicar á veciñanza na redución dos residuos xerados, contribuíndo á mellora do medio ambiente”, sinalou o tenente alcalde e responsábel da área, Iago Varela.

O reparto dos composteiros de uso doméstico entre e veciñanza de Cabanas enmárcase dentro da estratexia “Cabanas Sostíbel”, que ademais do plan de compostaxe tamén inclúe outros plans de concienciación ambiental, roteiros interpretativos e actividades para a mellora do medio ambiente.

“Constatamos gran interese entre a veciñanza por participar deste plan de compostaxe, tanto no número de solicitudes de composteiros como na necesidade de formación específica sobre o seu uso”, engadiu Varela, quen tamén quixo pór en valor “a xeración de intercambio de experiencias que se está a dar entre as usuarias”.

Share.

Comments are closed.