Cabanas celebra este venres o Día de Rosalía

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +
O Concello de Cabanas súmase á celebración do Día de Rosalía (24 de febreiro) cunha actividade orientada ao público infantil e xuvenil.
Trátase do espectáculo “A Estrela de Rosalía”, que chega da man de Marisa Irimia e que combina actividades de poesía e narración para pór en valor a figura de Rosalía de Castro, como referente cultural de Galicia e adaíl do feminismo e a loita social.
“Temos moito que celebrar arredor da figura de Rosalía de Castro”, sinalou a concelleira de normalización lingüística, Paula González, quen tamén puxo en valor esta actividade “de poemas e contos musicalizados para achegar a poesía e narración oral dun xeito lúdico e divertido”.
A actividade terá lugar este venres, 21 de febreiro, ás 18.00h no Salón de Plenos, con acceso gratuíto.
Share.

.