A unidade móbil da ITV agrícola desprazarase a Cabanas os días 28 e 29 de novembro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A unidade móbil da inspección técnica de vehículos agrícola vaise desprazar ao noso concello os próximos 28 e 29 de novembro de 2019, emprazándose nas inmediacións do Pavillón Municipal de Lavandeira.

O horario de atención será de 09.00 a 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 horas o día 28, e unicamente en horario de mañá o día 29. Para solicitar cita previa pódese chamar ao teléfono 902 309 000 ou acceder á web www.sycitv.com

Share.

Comments are closed.